|
Aprendemos a ser cidadáns nos espazo públicos, neles aprendemos o diálogo e o respecto, a súa utilización é determinante na calidade de vida; poder pasear, xogar, sentarse ou falar é básico para educarnos como seres sociais. E nesta sociedade, poden a arquitectura, a arte e o urbanismo propoñer aínda novos lugares de encontro e relación?.
Nesta ocasión propoñemos unha relectura dos espazos da memoria: escollemos o palco da música de Pontevedra para crear unha praza efémera, un lugar de encontro onde asistir a conferencias, ler libros e cómics sobre cidades ou participar nun obradoiro.
Invitámosvos a participar nesta reflexión porque todos aprendemos nos espazos públicos e é cómpre que o diálogo se faga visible.
As memorias
de Pontevedra |
| |
A memoria dunha cidade reside na suma das historias das familias e dos individuos. Queremos recuperar a visión dos espazos de Pontevedra, reflectidos nas vellas fotografías dos álbums familiares, onde se poden apreciar os cambios sociais, nos costumes, e no modo de relacionarnos co noso contorno.
Os cidadáns de Pontevedra poderán levar as súas fotografías familiares ao palco da música da Alameda para que sexan escaneadas (serán escaneadas e devoltas ao momento). A proxección das fotografías terá lugar tamén no palco da música cada xoves e venres a partir do 26 de setembro e ata o 16 de outubro, de 21 a 22:30h da noite.
Dixitalización das fotografías no palco da música
do 26 setembro ó 16 de outubro de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h |
|
|