Envía a túa imaxe histórica de Pontevedra
 
 
Conferencias

Obradoiros

Galería de imaxes

Envía a túa imaxe histórica de Pontevedra
A memoria dunha cidade reside na suma das historias das familias e dos individuos. Queremos recuperar a visión dos espazos de Pontevedra, reflectidos nas vellas fotografías dos álbums familiares, onde se poden apreciar os cambios sociais, nos costumes, e no modo de relacionarnos co noso contorno.

Envía as túas imaxes históricas de Pontevedra dixitalizadas por correo electrónico á dirección foto@memoriasdepontevedra.org e serán expostas na galería de imaxes da web www.memoriasdepontevedra.org para poder ser descargadas.

Os cidadáns de Pontevedra poderán levar as súas fotografías familiares ao palco da música da Alameda para que sexan escaneadas (serán escaneadas e devoltas ao momento). A proxección das fotografías terá lugar tamén no palco da música cada xoves e venres a partir do 26 de setembro e ata o 16 de outubro, de 21 a 22:30h da noite.

Dixitalización das fotografías no palco da música
do 26 setembro ó 16 de outubro de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h