Conferencias
 
 
Conferencias

Obradoiros

Galería de imaxes

Envía a túa imaxe histórica de Pontevedra
25 de setembro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Martí Perán : Cidades POST-IT: Cidades ocasionais.
Martí Peran, profesor na Universidade de Barcelona, crítico e comisario especializado en cuestións de urbanismo e arquitectura. Foi comisario de exposicións como Post-it City. Ciudades Ocasionales, no CCCB, en 2008, ou Glaskultur. ¿Qué pasó con la transparencia?, no Koldo Mitxelena, en 2006.

www.martiperan.net
 

26 de setembro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Nuno Grande: Arquitectura e espazo público na contemporaneidade portuguesa.
Nuno Grande é arquitecto, profesor na Universidade de Coimbra, crítico de arquitectura en diversos medios e autor de libros como O Verdadeiro mapa do universo: uma leitura diacrónica da cidade portuguesa, Ed. Edarq, 2002, e Arquitectura & Não , Ed. Caleidoscópio, 2005.
 

2 de outubro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Juan Freire: Redes, espazos públicos e cultura dixital na cidade contemporánea.
Juan Freire: Redes, espazos públicos e cultura dixital na cidade contemporánea. Juan Freire é profesor da Universidade da Coruña e un coñecido e influente blogueiro interesado polas cuestións de urbanismo e redes sociais. Explorador do papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía implicada nas organizacións, nas cidades e nas redes sociais.

http://nomada.blogs.com
 

3 de outubro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Paulo Fontán: A cidade vivida.
Presidente da Asociación Amizade (Asociación de Persoas con discapacidade da Comarca de Pontevedra). Asesor en materia de accesibilidade.

www.asociacionamizade.org
 

9 de outubro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Manuel Polanco Pérez-Llantada (Basurama): Os maiores fracasos de Basurama
Basurama é un colectivo que naceu na Escola de Arquitectura de Madrid, dedicado á investigación e á xestión cultural, e que centrou a súa área de estudo e actuación nos procesos produtivos, na xeración dos refugallos que implican e nas posibilidades creativas desta realidade contemporánea.

www.basurama.org
 

10 de outubro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Belinda Tato (Ecosistema Urbano): Sustentabilidade urbana creativa.
Belinda Tato é unha arquitecta do equipo Ecosistema Urbano, un estudio de arquitectura que traballa no espazo urbano tendo en conta as redes sociais e a sustentabilidade. O seu proxecto do Ecobulevar de Vallecas recibiu unha amplísima difusión pola creatividade e innovación do dispositivo arquitectónico.

http://ecosistemaurbano.org
http://www.ecosistemaurbano.com

 

16 de outubro: 20:00h. Palco da Música da Alameda
Rvr Arquitectos: Praza efémera, unha proposta.
RVR son os autores, entre outros, do dispositivo arquitectónico que se instalará na Alameda de Pontevedra, do Centro de Interpretación de Arte Rupestre de Campo Lameiro e da adecuación do contorno do faro de Fisterra.

www.rvr-arquitectos.es